Sabías que...

...o termo Avatar ten a súa orixe na relixión hinduísta?
O hinduísmo é una corrente relixiosa da India que conta, entre outros moitos aspectos, cunha crenza nun universo cíclico e, porén, na reencarnación. Neste ciclo de reencarnacións previas á existencia eterna os mesmos deuses fan aparicións na Terra. Cada unha destas aparicións, sobre todo do deus Vishnú, coñécese como un avatar. A Internet recolleu o termo e axustouno para usalo para á imaxe que cada quen elixe para que o represente, seguindo unha certa similitude coa súa definición orixinal, xa que cada avatar que usamos é unha reencarnación de nós mesmos nun tempo en un espazo (virtual) concreto.